Presentación

A Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios, é unha asociación sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é a defensa dos dereitos dos consumidores e usuarios. O seu ámbito de actuación e toda a provincia de A Coruña na que conta con 63 asociacións locais.

É membro da Unión Mundial de Amas de Casa (UNICA), da Confederación Nacional de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios (CEACCU), e da Federación Galega de Amas de Casa Consumidores e Usuarios (BRETEMA).

A Asociación participa, con representación, no Consejo Nacional de Consumidores, Consello de Dirección do Instituto Galego de Consumo, Consello Económico e Social, Consello Galego de Transportes, Xunta Arbitral de Transportes, Xunta Arbitral de Consumo, Comisión de Prezos, Consello Galego de Medio Ambiente e Concellos Locais de Consumo.