Sistema Arbitral de Consumo

Información sobre ó Sistema Arbitral de Consumo.
Este Sistema regulado polo Real Decreto 636/1993, ten á finalidade de atender e resolver con carácter vinculante e executivo para ambas as partes, ás queixas o reclamacións dos consumidores e usuarios sen prexuicio da protección administrativa e xudicial.
O Sistema Arbitral está composto pola Xunta Arbitral de Consumo e os Colexios Arbitrais. A Xunta Arbitral de Consumo de Galicia é un organismo vinculado, directamente, á Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Consumo. Ten a súa sede en Santiago de Compostela. As solicitudes de arbitraxe aténdense nos Colexios Arbitrais, que son os órganos encargados de coñecer e ditar o laudo arbitral sobre cada cuestión sometida a arbitraxe. Estes colexios están compostos por un representante da Administración, un representante dunha asociación de empresarios e un representante dunha asociación de consumidores

Atención de reclamacións. Mediación..
A atención de reclamacións, utilizando os métodos tradicionais, é un dos servizos que ofrecemos na nosa asociación.Podemos propor a Mediación sempre que a empresa coa que puidese xurdir o conflito estea adherida ao sistema ou acepte a nosa arbitraxe para resolver o caso concreto.
Ao Sistema Arbitral de Consumo poden adherirse empresas, profesionais, asociacións empresariais e asociacións de consumidores como a nosa.
Existe un censo de empresas adheridas á Xunta Arbitral e á Arbitraxe a nivel nacional a disposición dos consumidores e usuarios

Arbitraxe de Consumo..
A Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña está adherida ao Sistema de Arbitraxe e Mediación de Consumo e conta con magníficos e magníficas profesionais designados árbitros, así como avogadas e avogados especializados no tratamento deste tipo de conflitos.
Realízase unha primeira mediación coa empresa coa que xurdiu o problema dentro dun prazo determinado.
Se nesta primeira mediación non se consegue un resultado satisfactorio, trasládase a reclamación ao Instituto Galego de Consumo.

Sempre en defensa do consumidor.
Asesorándolle e utilizando os mecanismos de defensa e os servizos xurídicos de que dispomos. A defensa de consumidores e usuarios é a nosa razón de ser.

Tramitación de denuncias.
Nas nosas oficinas pódense cursar denuncias de consumo. O noso persoal e servizos xurídicos encárganse da súa posterior tramitación.