Actividades e cursos

Actividades e Cursos.
Sobre temas moi variados coa intención de mellorar a educación no consumo, na prevención e na saúde, na seguridade, na economía especialmente familiar, etc. Podemos destacar: Arte, visitas a exposicións e museos; Manualidades, laca chinesa, esmalte, policromado, decoración en madeira, porcelana rusa, vidro, estaño; Palillos, puntillas de Camariñas; Educación física; Ioga; Inglés, etc.
Os cursos, programados todas as semanas, están impartidos por profesionais especialmente seleccionados para cada tema.

Conferencias e charlas.
Igualmente, cada semana do ano pódese asistir a unha conferencia ou, no seu lugar, unha charla sempre sobre aspectos de interese para consumidores e usuarios: sociedade, cultura, muller, estilos de vida, alimentación saudable, medio ambiente... Conferencias
O extraordinario éxito destes actos é debido, en gran parte, ao esforzo de manter, durante todo o ano, un programa de conferenciantes que unen aos seus coñecementos grandes doses de amenidade.
Dereitos dos consumidores e usuarios (saúde, vivenda, alimentación, axencias de viaxes, enerxías renovables, consumo responsable, telecomunicacións...).
Charlas co obxectivo formativo e informativo. Programa formativo "Consumo responsable", outubro 2008. Campaña de adhesión ao Sistema Arbitral de Consumo (setembro e outubro 2008).

Mesas redondas.
Baixo a dirección dun moderador utilizamos este formato, no que adoitan participar entre tres e catro profesionais (da empresa, administración, asociacións de consumidores), para expor novos datos e coñecementos sobre temas actuais.
Sirva de exemplo: "A desaparición da tarifa nocturna" (2008). " O suministro eléctrico no mercado liberalizado" (2009)

Congresos e Xornadas.
Eventos que necesitan unha gran preparación e dedicación polo noso nivel de esixencia, a importancia dos temas que propomos, así como a preocupación por conseguir os conferenciantes idóneos e que podamos contar co maior número de asistentes. Sirva de exemplo: II Congreso Internacional de Consumo e Saúde, celebrado na Coruña (Outubro, 2007).

 

Viaxes.
Combinar traballo e lecer é o ideal. E na nosa asociación buscamos a perfección. Por iso, durante o ano organízanse grandes viaxes e divertidas excursións que combinan o puro pracer coa sempre grata adquisición de coñecemento. Estes son algúns: Excursión a Extremadura (marzo 2008),viaxe a Centro Europa (abril 2008), Visita a Expo Zaragoza (Xuño 2008), viaxe a Nova York (Setembro 2008), apoio a Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade (novembro 2008), viaxe a Bélxica e Holanda (mayo 2009), e unha serie de viaxes por Galicia que combinan cultura e gastronomía.
Ocio activo e creativo, fomento da cultura e tradicions galegas e do uso da lingua galega. Coñecemento e intercambio da nosa cultura e tradiccións con outras poboacións...

Hermanamento con Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Gondomar -Portugal. Un grupo de portuguesas acudiron a nosa cidade para visitar centros culturais, como a Domus, Acuarium, Monte San Pedro, e abondar nun xantar de confraternidade con representantes da Asociación e outras Asociacións da provincia da Coruña.